How ads follow you around the internet - YouTube

Channel: Vox

[0]
Esta páxina web de vaqueiros acaba de gardar unha cookie no meu navegador.
[4]
Iso é todo-- un fío de letras e números que forman unha identidade única para axudar á web a me lembrar.
[11]
As páxinas que visitas tamén fan isto -- iso é o que todos eses pop-ups che contan.
[15]
En verdade, as cookies fan o noso mundo online posíbel.
[18]
Mais tamén lle permiten aos vaqueiros perseguirme pola internet.
[21]
Iso pasa porque as cookies permiten ás compañias unírense
[24]
para gardar e lembrar todo o que facemos online.
[27]
E convertéronse no centro dunha guerra polos nosos datos.
[38]
LOU: Son Lou Montulli. E no verán de 1994, eu inventei as cookies.
[44]
En 1994, Lou era un mozo de 23 anos que traballaba en Netscape, onde estaban a construír o que se convertería
[49]
no motor de pesquisa dominante da década.
[51]
LOU: O grande problema que estaba a tentar solucionar era achegar memoria á web.
[55]
Cada vez que ollas unha páxina diferente, iso é, para o servidor web, unha visita completamente diferente.
[60]
Imaxina que cada vez que engades algo ao teu carro e clicas noutro sitio... desaparece.
[65]
Ou que cada vez que abras unha páxina nova en Facebook... tiveses que iniciar sesión de novo.
[68]
CLEO: Sería xustificábel dicir que a experiencia na web antes das cookies era un pouco
[72]
como falarlle a Dory de Buscando Nemo?
[75]
LOU: Sería.
[76]
Esa analoxía de Dorie vai bastante ben aquí.
[79]
DORY: Verás, sufro de perda de memoria a curto prazo.
[82]
MARLIN: Perda de memoria a curto prazo...
[85]
As cookies solucionaron ese problema.
[87]
LOU: Entón, se estivess a procurar uns zapatos de coiro azuis...
[93]
Con cada novo click, a páxina recoñece o carné de identidade da cookie gardada no meu navegador
[97]
e retén información como: que puxen no meu carro, mais tamén, con frecuencia, a miña localización,
[102]
en que mais fago click, canto tempo paso aí, alén de detalles que lles dou deliberadamente
[107]
como o meu enderezo electrónico.
[108]
Segundo pesquiso pola páxina, ou mesmo saio e volto, as cookies que engadiron ao meu
[112]
navegador diranlle que son o mesmo visitante, non un diferente.
[116]
CLEO: Okey, así que debería velo aquí, verdade? Se cargo de novo a páxina?
[120]
LOU: Deberías.
[121]
CLE: Ei! Wow!
[122]
LOU: Velaí! Hai unha chea de cookies aí.
[126]
Estas son "cookies directas"
[127]
e durante os últimos vinte anos. permitíronnos vivir unha parte cada vez maior das nosas vidas online.
[132]
LOU: Ver a xente crear cousas que nunca pensamos foi un sentimento xenial.
[138]
Mais unha desas cousas era un xeito de nos rexistrar onde queira que fósemos despois- como unha páxina de novas,
[143]
ou unha rede social
[146]
Ese mesmo ano Lou inventou as cookies, apareceu isto: a primeira faixa de anuncio dixital.
[151]
Hoxe, o noso mundo online funciona por anuncios.
[155]
Os compradores neste sistema son marcas que queren vender produtos colocando anuncios en fronte
[159]
de xente que os podería comprar.
[160]
E despois tes plataformas e publicadores con audiencias de xente a que lle amosar anuncios,
[164]
como Vox.
[166]
No medio, tes intermediarios dedicados a se asegurar de que os anuncios das marcas chegan
[169]
á xente correcta.
[171]
Algunhas compañías xogan varios papeis.
[173]
Facebook e Google son os maiores xogadores porque teñen enormes audiencias e
[177]
unha grande cantidade de información que poden usar para che mostrar anuncios.
[181]
Todas estas compañías son incentivadas a recoller tanta información sobre o teu comportamento online
[185]
como for posíbel.
[187]
Mais Lou deseñou as cookies para seren colocadas e encontradas só pola páxina en que estiveses
[192]
así que estas compañías tamén están incentivadas a colaboraren.
[196]
E a única maneira en que o fan é con cookies indirectas.
[199]
Olla de novo esta lista de cookies que a tenda de zapatos me deu.
[203]
Este de aquí, "fpb"?
[204]
Iso é Facebook, que tamén é propietario de Instagram.
[208]
E este?
[209]
Ese é de Google, que coloca anuncios nunha chea de páxinas, incluído Vox.
[213]
Agora, esta páxina pode ir a Facebook e Google e dicirlle: "amosa os meus anuncios a xente que saibas
[217]
que visitaron a miña páxina no último mes".
[220]
E aquí estou.
[223]
O que Lou non anticipara en 1994 é que as páxinas web estarían finalmente cheas de elementos
[228]
levados por intermediarios.
[230]
E eses elementos poden gardar as súas propias cookies no meu navegador.
[234]
Esas cookies son creadas polo dominio do intermediario
[237]
que pode entón acceder aos datos da páxina en que esteas
[240]
mais tamén de todas as páxinas que visites que usen eses mesmos elementos indirectos.
[246]
Isto chámase "tracking".
[247]
E transformou o noso mundo online dende un en que centos de compañías
[251]
sabían un pouquiño do teu comportamento online,
[253]
a un en que unhas poucas compañías o poden saber todo.
[257]
Agora mesmo, este mapa da túa actividade utilízase maioritariamente para che amosar anuncios personalizados.
[263]
Mais unha vez que se gardaron, non hai volta atrás.
[267]
Nos últimos anos, algúns navegadores comezaron a bloquear cookies indirectas por defecto.
[272]
O navegador de Google, Chrome, dáche a opción se buscaas por ela.
[276]
Isto fai ao intermediario máis difícil saber
[278]
que a persoa que buscou apartamentos nunha páxina
[280]
e comprou medicamentos noutra
[281]
e buscou o amor noutra
[284]
son a mesma persoa.
[285]
Mais as compañías incentivadas por billóns de dólares en anuncions sempre encontran unha fenda
[291]
Saben que non queres bloquear as cookies directas, porque entón moitas páxinas non funcionarían.
[296]
De xeito que compañías como Google e Facebool dan ás páxinas un código que parece
[300]
unha cookie directa, mais entón envíaas ao intermediario igualmente.
[305]
Facebook chama a súa solución "Facebook Pixel".
[307]
CLEO: Facebook Pixel.
[309]
"Agora, podes utilizar cookies directas e indirectas con Facebook Pixel".
[313]
"Isto permitirache alcanzar mais clientes e ser máis acertado na medida e rexistro".
[318]
CLEO: E o que isto me parece a min é: "Non te preocupes, a xente non pode desfacerse disto".
[324]
LOU: Ben, failles máis difícil desfacerse delas a través de cookies indirectas, si.
[332]
Como te sentes sobre o o xeito en que compañías como Facebool
[338]
están a utilizar a tecnoloxía que ti construíches?
[342]
LOU: Diría que o modelo de negocios de só-anuncios fixo que os produtos se convertesen
[352]
en peores do que poderían ser.
[354]
Entanto estas compañías teñan un obxectivo común dea amosarche anuncios de cousas que é probábel
[359]
que compres, estarán motivados para compartir información entre si.... sobre ti.
[364]
E algúns dos seus novos métodos poderían ser mesmo máis discretos que as cookies.
[367]
LOU: Lévoo dicindo moito tempo:
[369]
Hai billóns, se nón trillóns, de dólares en xogo e
[374]
se queremos realizar unha mudanza verdadeira
[377]
sobre os métodos en que o "tracking" e a publicidade se basean
[381]
vai ter que ser a nivel lexislativo, porque doutro xeito
[387]
estaremos simplemente a loitar unha guerra mutua que nunca terminará.
[393]
Especialmente, porque as compañías que están mellor posicionadas para gañaren son os xigantes da tecnoloxía que xa
[397]
teñen a maior parte da nosa información, e que teñen os maiores recursos para encontrar xeitos de recadar máis.